Ana Pontón denuncia o cinismo de PP, PSOE e En Marea-Podemos cos orzamentos que discriminan a Galiza

ana pontón

GALIZA |   Nun artigo publicado na sexta feira (20), a Portavoz  Nacional do BNG afirma que os orzamentos son unha labazada para a Galiza e considera cinismo que agora En Marea-Podemos dea “golpes no peito ante a discriminación, esquecendo que estes orzamentos son o resultado do pacto que asinaron co PSOE”. “Quizais cando tocou falar de Galiza saíron da sala de negociación?”, pregunta ironicamente a portavoz nacionalista. 

“É impresentábel”, enfatiza Ana Pontón após denunciar que nestes orzamentos o investimento para a Galiza se sitúa “na cifra máis baixa en 17 anos, mentres outros avanzan: Andalucía conta con 2.132 millóns de euros e sobe un 43,85 %; Cataluña, con 2.051 millóns de euros, aumenta un 51,8 %; Valencia, con 1.189 (9,8 % máis), e Castela e León recibe 1.094 millóns, cunha suba do 9,4 %”.

A líder nacionalista afirma que estes orzamentos  “son unha nova mostra da inutilidade das forzas estatais para Galiza” e critica o cinismo do PP e  Feijoo que agora clama contra o agravio cando “xustificou todos os recortes e incumprimentos con Galiza cando gobernaba o seu partido” , mais tamén o dun PSOE “que dicía que 900 millóns de euros eran nefastos e antisociais, mais que agora ve 757 millóns como «realismo»”.

A Portavoz do BNG defende que a Galiza ten de exercer como nación, porque “ninguén nos vai agasallar nada” e sinala que o noso País precisa, como mínimo, investimentos “similares aos de 2009, cando o BNG condicionaba os Presupostos do Estado”.

Pontón subliña que se os orzamentos son “malos malísimos”,  os 23 deputados e deputadas electas pola Galiza só teñen un camiño: “presentar emenda de devolución e negociar con Sánchez inversións dignas”.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s