Rubén Cela: “O único contaxio posíbel sería que En Marea escollese, como en Pontevedra, acordar os orzamentos co PP”

cela.jpg

GALIZA |  O Portavoz Municipal do BNG en Compostela respondeu as declaracións do alcalde, que se mostraba preocupado polo ‘efecto contaxio’ da situación de Pontevedra, asegurando que o BNG “nunca vai pactar co Partido Popular emendas para desvirtuar o orzamento dun grupo de goberno”, como fixo En Marea na cidade do Lérez.

Por medio dunha video-declaración difundida nesta cuarta feira nas redes sociais, Ruben Cela saía ao paso das palabras do alcalde de Compostela, Martiño Noriega, que se manifestaba  ‘preocupado’ polo posíbel ‘efecto contaxio’ do acontecido en Pontevedra, o que viría dificultar  a aprobación dos orzamentos na capital da Galiza.

“Eu quero dicirlle, precisamente desde a cidade de Pontevedra, que non se preocupe”, afirmou Cela, “porque do que non se vai contaxiar nunca o Bloque Nacionalista Galego é da actuación da Marea de Pontevedra; o que nunca, baixo ningún concepto, fará o Bloque Nacionalista Galego é pactar co Partido Popular emendas para desvirtuar o orzamento dun grupo de goberno”.

Tirando de retranca, o Portavoz Municipal do BNG enfatizou que “o único contaxio que podería haber en tal caso na cidade de Santiago é o que levase En Marea a escoller de socio, como en Pontevedra, o Partido Popular para aprobar os seus orzamentos”.

VER VIDEO na seguinte LIGAZÓN:

https://www.facebook.com/plugins/video.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2FBNGPontevedra%2Fvideos%2F1868522423425027%2F&show_text=0&width=560

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s