En Marea alíase co PP contra os gobernos do BNG en Pontevedra e Fene

 

poGALIZA | En Pontevedra toda a oposición (PP, En Marea, PSOE e C’s) pactou e aprobou emendas aos orzamentos que eliminan partidas chave para a acción do goberno. Lores fala de “Moción de censura encuberta e covarde”. En Fene propoñen abertamente unha moción de censura a PP e PSOE para tombar o goberno do BNG.

 

A oposición pontevedresa, capitaneada polo Partido Popular e coa participación de En Marea, votou conxuntamente para emendar os orzamentos que presentaba o goberno do BNG por importe de 72 millóns de euros. Entre outras partidas, por petición da Marea, eliminan a partida para compostaxe, segundo informa nas redes a concelleira Carme Fouces.

O alcalde do BNG, Miguel Anxo Fernández Lores, considera que hai “un pacto en toda regra” entre as forzas da oposición para tentar tombar o goberno do BNG -con 12 concelleir@s, a 1 da maioría- por medio dunha “moción de censura encuberta e covarde” porque non a presentan abertamente mais pretenden obstaculizar a acción do goberno e “destruír o modelo de cidade con éxito” que o Bloque construíu.

Moción en Fene

Pola súa parte, Somos Fene -a marca de En Marea nese concello de Ferrolterra- trasladou ao Partido Popular e ao PSOE a proposta para chegar a un acordo de goberno a medio da presentación dunha moción de censura contra o actual alcalde do BNG, Juventino Trigo, segundo explicou onte o concelleiro desa formación, César Castro.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s