BNG salienta que as emendas da ‘Gran coalición’ facilitan a consolidación de ENCE na Ría

© MARLOY

GALIZA | Os cortes no orzamento promovidos por PP, En Marea, PSOE e C’s afectarían partidas que ían destinadas a normalización lingüística, cultura, festas, plan de compostaxe e obras de accesibilidade universal e seguranza viaria. O goberno municipal sostén que a nova proposta implicaría a consolidación de ENCE na Ría ao insistir na aprobación do PXOM para o que a Xunta impón que os terreos de Lourizán sexa industriais.

O BNG denuncia que o acordo das catro forzas da oposición é unha censura ‘encuberta e covarde’ que vai contra o modelo de cidade exitoso e premiado internacionalmente que construíu o goberno nacionalista nos últimos 16 anos. En concreto, no que atinxe a un dos elementos máis definitorios dese modelo, o BNG advierte que co orzamento da oposición “non se poderá seguir avanzando na accesibilidade universal e seguranza vial. Tampouco se poderán facer novas obras urbanas nin mellorar a iluminación pública”.

Salienta o BNG que as modificación implican unha redución substancial das partidas de normalización lingüística así como da conservación e promoción do patrimonio. Denuncia que se eliminan as partidas de cultura e se reducen de forma ‘drástica’ as de festas, de modo que “desaparecerán as festas parroquiais, Feira Franca, así como a animación cultural e festiva da cidade, coa conseguinte repercusión no comercio e na hostalaría e, obviamente, na economía do concello”.

Sinala tamén a organización nacionalista que as mudanzas acordadas impedirán comprar composteiros e continuar co Plan “de tratamento recional dos residuos orgánicos” baseado na compostaxe. Aliás, destaca que se vería paralizada a execución do “grande parque forestal da Fracha, acordado coas comunidades de montes”.

No que ten a ver coa repercusión político deste acordo, neste sábado Ana Pontón instou de novo os dirixentes de En Marea e PSOE para rectificar unha actuación que entenden dirixida polo PP, advertindo que se “están a equivocar de inimigo”.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s