ERGUER mobiliza o estudantado para a folga do día 24 contra as reválidas e a LOMCE

570e3780e8-20160413-patxot-manifestacion-erguer-007.jpg

SOCIAL | A organización estudantil ERGUER-Estudantes da Galiza está a desenvolver unha intensa campaña informativa nos centros de ensino e nas redes sociais para conseguir a plena mobilización estudantil e o éxito da greve da quinta feira,  día 24, contra a LOMCE.

Afirma ERGUER que o estudantado da ESO e Bacharelato “está totalmente desprotexido este curso coa chegada da LOMCE e das reválidas, vivindo nunha incerteza total sobre cales serán os contidos que entren nesta proba e como será”.

Salienta a organización estudantil galega que se trata dunha lei imposta polo PP que incorpora unha traba inxusta e irracional na medida en que “aínda que aprobemos todos os cursos da ESO ou do Bacharelato, o que determinará se obtemos o título ou non será un único exame. Isto non serve de nada para a nosa formación e aprendizaxe, só para memorizar contidos e vomitalos nunha proba”.cxkimwvwqaahq6m

ERGUER avalía tamén como moi negativo o carácter centralizador e asimilista da LOMCE e considera que é unha lei que ataca a nosa lingua, “xa que con ela as horas impartidas en galego diminúen”. E acrecenta que “pretende españolizar o noso ensino” ao devolver
competencias educativas ao goberno do Estado. Considera ERGUER que este centralismo desemboca en que o estudantado galego non poida ter acceso ao coñecemento da nosa historia e cultura propias.

Considera a organización estudantil que hai moitos motivos para continuar a loitar para que “se paralice e non se aplique neste curso, e finalmente se derrogue” e subliña que o goberno do Estado e da Xunta “están a sentir a presión de ter a profesorado, familias e estudantado en contra desta lei de educación” polo que chaman a baleirar as aulas e encher as rúas “por un ensino público, de calidade, democrático e non patriarcal, no que a LOMCE non teña cabida!”.

LER MÁIS na WEB de ERGUER

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s