ERGUER convoca folga estudantil contra a LOMCE no 16 de febreiro

16114156_362637147448959_3995774962762595690_n.pngSOCIAL | A organización estudantil galega entende que  a supresión das reválidas -que considera unha vitoria da mobilización estudantil- “non é suficiente, dados os moitos outros aspectos prexudiciais para o ensino público que a lei inclúe” e chama a unha nova folga para tombar definitivamente a LOMCE e o Decreto 3+2.

Entre os aspectos negativos que se manteñen, ERGUER-Estudantes da Galiza cita “a computación da materia de Relixión para a media, a redución de horas do galego como lingua vehicular no ensino, a blindaxe dos concertos educativos con centros privados, a Formación Profesional Dual, a recentralización de competencias educativas ou a desprotección do alumnado con necesidades específicas na aprendizaxe”.

Salienta ERGUER que tampouco sería suficiente que se eliminase a LOMCE se despois, “no ensino universitario, se nos aplicará o Decreto do 3+2” que a organización estudantil avalía como máis unha maneira -na senda de Boloña- de elitización, precarización e privatización no ensino público universitario.

Erguer convoca manifestacións na sete cidades e en diversas vilas do País ás 12 da mañá do día 16 de febreiro.

A Coruña – Praza de Vigo
O Barco de Valdeorras – Concentración na praza do Concello
Boiro – Concentración na praza do Concello
Caldas – Concentración na  carballeira
Cangas – Concentración na praza do Concello
Compostela – Alameda
Ferrol – Diante do Edificio da Xunta
Lugo – Praza do Seminario
Melide – Diante do IES de Melide
Moaña – Concentración na praza do Concello
Ourense – Diante da Subdelegación do Goberno
Ponteareas – Concentración á saída dos IES
Pontevedra – Praza da Peregrina
Ribeira – Diante do IES nº1
Vigo – Praza América
Vilagarcía – Concentración na Praza de Galiza

Máis información na WEB de ERGUER

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s