PGDEP denuncia engano do PP sobre a desaparición das reválidas

acto-contra-as-revalidas-grande

SOCIAL | A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) realiza un apelo á comunidade escolar para se sumar á xornada de loita convocada para a quinta feira, día 24 de novembro, contra as reválidas e a LOMCE, e para participar nas mobilizacións convocadas tanto pola mañá como pola tarde.

Anxo Louzao, en calidade de portavoz da Plataforma, denunciou que en canto o goberno simula que as reválidas desaparecen, na realidade prepara un decreto lei en que se vai estabelecer que, no futuro, terán valor académico.

Destacou Louzao que os anuncios que o goberno está a facer nestes días son consecuencia das mobilizacións masivas, que puxeron de manifesto o maioritario rexeitamento tanto á LOMCE como ás reválidas. No entanto, advertiu de que se trata dun intento de enganar a opinión pública que non corresponde coas verdadeiras pretensión do PP de continuar co seu proxecto de reválidas. A este respecto, asegurou que o goberno central “ten xa redactado un borrador de decreto lei” que mantén o valor académico das reválidas para o futuro, tanto para ESO como para bacharelato.

Por iso, a PGDEP manifesta o total apoio á folga convocada polas organizacións estudantís -entre elas ERGUER, que fai parte da Plaraforma- e chama a participar  nas mobilizacións previstas tanto pola mañá como pola tarde nas sete cidades e en Cee, Carballo e Vilagarcía, ás 19:00 horas, agás en Vigo, onde será ás 18:00 horas.

LER MÁIS na WEB da CIG-Ensino

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s