Grande suceso da greve e mobilizacións estudantís contra a LOMCE

13a

SOCIAL | A folga contra a LOMCE e o 3+2 baleirou as aulas da Galiza e encheu as rúas. A Responsábel Nacional de Organización de Erguer. Estudantes da Galiza, Iria Figueroa, garantiu que as 18 mobilizacións que a organización estudantil convocou en todo o país foron un éxito absoluto. Erguer afirma que o éxito da folga “será o berce para novas mobilizacións”.

A organización estudantil ERGUER valorou “moi positivamente” o resultado da xornada de folga e mobilizacións decorridas neste 13 de abril. “Houbo un gran baleirado das aulas de todos os centros de ensino, tanto medio coma universitario, chegando a un apoio á folga do 90%. Ademais, houbo unha enorme participación do estudantado nas mobilizacións convocadas, chegando a unha presenza de aproximadamente 8500 persoas”.

Iria Figueroa manifestou que o éxito da convocatoria mostra que Erguer. Estudantes da Galiza “é a ferramenta que o estudantado galego precisaba para respostar aos ataques do Estado español contra o ensino público con máis forza e máis unidade”.

Aliás, ERGUER mostrouse convencida de que o gran seguimento do protesto estudantil visibiliza o rexeitamento do estudantado galego e da comunidade educativa cara á lexislación española e aos ‘atentados’ contra o ensino público. Con todo, a organización estudantil nacionalista cre que as políticas contrarias a un ensino galego público e de calidade “deben ser respondidas o antes posíbel, esixindo a Feijoó que desde Galiza se reclame a total derrogación da LOMCE, sen paralizacións parciais”.

“Ademáis, -subliña ERGUER- este tremendo apoio á folga en todo o país demostra que é preciso que Erguer siga a ser o referente do estudantado galego, continuando coas mobilizacións e coa loita por acadar un ensino público, de calidade epensado por e para Galiza”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s