Greve no ensino medio contra as reválidas seguida de forma masiva

IMG_20161124_142007.jpg

SOCIAL | Os institutos da Galiza ficaron baleiros como consecuencia do éxito da folga estudantil contra a LOMCE e as reválidas. ERGUER-Estudantes da Galiza cifra o seguimento en 90% e foron millares @s estudantes que participaron nas diferentes moibilizacións. A xornada de loita complétase con concentracións na tarde convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

ERGUER asentou a convocatoria de greve no feito de que o estudantado da ESO e Bacharelato “está totalmente desprotexido este curso coa chegada da LOMCE e das reválidas, vivindo nunha incerteza total sobre cales serán os contidos que entren nesta proba e como será”.

A organización estudantil galega avalía tamén como moi negativo o carácter centralizador e asimilista da LOMCE e considera que é unha lei que ataca a nosa lingua, “xa que con ela as horas impartidas en galego diminúen” e conclúe que agocha a intención de “españolizar o noso ensino” porque, ademais, devolve competencias educativas ao goberno do Estado.

Por súa parte, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) denunciou que en canto o goberno simula que as reválidas desaparecen, na realidade prepara un decreto lei en que se vai estabelecer que, no futuro, terán valor académico.

A PGDEP atribúe este comportamento a que o goberno do Partido Popular está a acusar as consecuencias das mobilizacións masivas, que puxeron de manifesto o maioritario rexeitamento tanto á LOMCE como ás reválidas. No entanto, advertiu de que se trata dun intento de enganar a opinión pública que non corresponde coas verdadeiras pretensión do PP de continuar co seu proxecto de reválidas.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s