Está a desexar un ‘ventureiro aninovo’? Non faga iso!

Venturoso

GALEGO CERTO | Nestas datas é común a expresión de bons desexos para o ano que entra. Nas redes sociais lemos con frecuencia “Que teñades un ventureiro aninovo”. Mais, se realmente quixermos expresar os mellores desexos para [todo] o ano que comeza, será mellor dicir “Que teñades un venturoso ano novo”

A teima polos diferencialismos innecesarios -tamén resultado da interferencia do español-  empobrece a lingua e mesmo por veces pode provocar interpretacións confusas, como neste caso. Vexamos.

É claro que venturoso é sinónimo de ditoso, feliz, e que ano novo significa o ano que comeza.

Ventureiro / ventureira significa casual, incerto (Priberam); Que apresenta risco ou incerteza; arriscado, incerto, perigoso (Michaelis); Casual, espontâneo (Estraviz); Silvestre (Digalego); [Planta] que nace e medra sen ser plantada nin sementada (RAG).

Aninovo, segundo o dicionario da RAG vén a significar o primeiro ou os primeiros días do ano que comeza. Os dicionarios da lingua portuguesa non incorporan esta forma, sendo que ano novo (e ano-bom) significa tanto ano que começa como noite de passagem de ano de 31 de Dezembro para 1 de Janeiro.

Con todo, hai que sinalar que o Estraviz recolle a significación de ditoso, feliz para ventureiroano novo como sinónimo de aninovo. O  Michaelis brasileiro tamén incorpora venturoso como última significación de ventureiro.
Mesmo así, se non quixer que alguén intereprete que lle desexa un arriscado, incerto ou perigoso día primeiro do ano, será mellor dicir  “Que teñades un venturoso ano novo”.

Deixe um comentário