Alexandre Bóveda: “A miña Patria é Galiza. Baixo a sua bandeira desexo ser enterrado”

bv2GALIZA | Neste 17 de agosto fanse 80 anos do asasinato de Alexandre Bóveda. Diante do tribunal militar que o condenaría a morte o dirixente nacionalista fixo unha apaixonada defensa do seu patriotismo e pediu ser enterrado coa bandeira galega. 

“A miña Patria natural é Galiza. Ámoa ferventemente. Xamais a traizoaría, aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adoroa até máis alá da miña morte. Se entende o Tribunal que por este amor entrañábel debe de me ser aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrifício máis por ela. Fixen canto puiden por Galiza e máis faría se puidese. Se non podo, até gostaría de morrer pola miña Patria. Baixo a sua bandeira desexo ser enterrado.” 

Con estas palabras de Bóveda encerrábase o xuízo sumarísimo en que sería condenado a morte por un tribunal militar. O dirixente nacionalista sería fusilado na Caeira a 17 de agosto. Oitenta anos despois, continúa sen haber unha reparación oficial pois o xuízo a Bóveda non foi anulado.

Cintia Rey 001No entanto, Bóveda vive na memoria do povo galego e eríxese como un referente indiscutíbel tanto político como moral. A firmeza na defensa do seu compromiso coa Galiza e do seu patriotismo continúa actuando como un exemplo para o presente. En tributo a Bóveda e a todas as persoas que deron a vida pola causa da Galiza e da liberdade o 17 de agosto foi designado como ‘Día da Galiza Mártir’.

Castelao foi o primeiro a recoñecer o valor político do exemplo de firmeza de Bóveda: “Moitas veces os mártires crean mundos que os heroes nin tan sequera son capaces de concibir, e na miña Terra cumprirase a vontade dos mártires. Bóveda terá de ser nun mañá próximo ou distante a bandeira da nosa redención.”

Na imaxe vemos o lugar en que Bóveda foi asasinado. A muller ao lado do piñeiro é Cintia Rey, nai de Vítor Casas, tamén aquí asasinado a 12 de novembro de 1936. A imaxe foi tomada por Amalia Álvarez Gallego, compañeira de Alexandre Bóveda. “O día que foron alí, escribiron unha fermosa historia de amor e de rebeldía: un amor e unha rebeldía íntimas, silenciosas, soterradas, mais que hoxe emerxen como testemuños da grandeza de dúas mulleres que nun tempo de terror decidiron lembrar, facer memoria, levantar acta gráfica dos crimes” (Luís Bara, Non des a esquecemento).

 

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s