Galego certo (2): *A partires de hoxe direi sempre ‘a partir de’ (e ‘a pesar de’)

GALEGO CERTO | Non é infrecuente escoitar na radio, en intervencións públicas, conversas e mesmo por escrito, as expresións *a partires de e *a pesares de. Son incorrectas, hipergaleguismos que temos que evitar. O correcto é ‘a partir de’ e ‘a pesar de’. De paso, prestemos atención a estoutras expresións: ás veces, ás presas, á parte… Non debemos confundir…