Galego certo (4): Nada de *aportar, mais si contribuír para mellorar a lingua

GALEGO CERTO | *Aportar, é un deses castelanismos omnipresentes na comunicación pública no uso que habitualmente se dá a este termo. A palabra aportar é correcta apenas co sentido de ‘chegar a porto’. Para o resto dos casos utilicemos contribuír, fornecer, achegar, facilitar, proporcionar, subministrar… E tamén contribución ou contributo en vez de *aportación.

Galego certo (3): Se callar, é incorrecto dicir ‘*ao mellor’. Pois é!

GALEGO CERTO | A expresión ‘ao mellor’, infelizmente bastante habitual, é un calco do castelán ‘a lo mejor’. Debemos evitala porque, aliás, nós temos expresións propias que podemos empregar. Con iso contribuiremos, ademais, para fortalecer a súa presenza na lingua viva. Digamos ‘se callar’, ‘talvez’ ou ‘se cadra’. Se quixermos expresar posibilidade ou incerteza debemos recorrer a…

Galego certo (0): Non diga *plantexar, diga formular

GALEGO CERTO | Recuperamos aquí unhas notas, xa publicadas con anterioridade neste blog,  con algúns consellos que visan contribuír para evitarmos erros habituais na lingua empregada na comunicación pública e para mellorarmos o galego que empregamos no día a día. Comezamos cun dos castelanismos máis habituais: *plantexar.