GALIZA | No sábado (24) decorreu en Compostela a XV Asemblea Nacional da organización xuvenil do BNG. Nela, Galiza Nova confirma “un proxecto para unha acción política e social revolucionaria en favor da independencia de Galiza e da conquista dun futuro digno para a mocidade”.
A organización xuvenil nacionalista analiza que a actual situación de precariedade da mocidade galega ten como causa e responsábeis “o sistema capitalista e o sometemento de Galiza polo réxime español”. En consecuencia, aposta na conquista da soberanía nacional e reafirma Galiza Nova como “ferramenta chave para aglutinar a mocidade, ampliar a conciencia nacional das persoas máis novas e proporcionarlles unha organización útil para defenderse, plural, aberta e unitaria”.
A Asemblea, que foi encerrada pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu nova dirección e reconduciu Alberte Fernández no cargo de Secretario Xeral.
Máis info na WEB de Galiza Nova