A mocidade sae á rúa pola independencia na véspera do Día da Patria

Indep.jpg

GALIZA | Sob o lema ‘Galiza somos Nós’, cinco organizacións xuvenís e estudantís convocan unha manifestación no día 24, as 8 da tarde, en Compostela. Galiza Nova -organización xuvenil do BNG-, Briga, Isca, Erguer e Xeira chaman a mocidade galega a se mobilizar pola independencia da nosa nación.

“Un ano máis a mocidade nacionalista e independentista galega convoca a manifestación unitaria do 24 de xullo, véspera do Día da Patria Galega. Esta unión non se debe a unha casualidade, nin a un mero xesto simbólico, é por que concordamos en que moitas cousas teñen que mudar para que a nosa nación, Galiza, saia adiante e o noso pobo teña unha vida digna”, así comeza o Manifesto asinado polas cinco organizacións convocantes da marcha xuvenil pola independencia.

O Manifesto debulla as razóns de carácter social, económico, lingüístico, cultural e político pola que á Galiza e á mocidade galega convén romper a dependencia de España e asumir plenamente a soberanía. O texto conclúe cun apelo á mocidade galega:

“Nós, a mocidade rebelde, non estaremos caladas nin paradas. Estaremos sempre atentas e en loita para defender a nosa terra e o noso pobo, erguendo unha Galiza superadora do capitalismo e patriarcado. Por iso chamamos a mocidade galega a continuar autoorganizándose, facendo así avanzar o proceso de autodeterminación do pobo galego cara á construción da República da Galiza. Por que Galiza somos nós!”

LER MÁIS na WEB de GALIZA NOVA

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s