Decorrerá en Compostela a XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova

presentacion-xiv-asemblea-galiza-nova-768x576

GALIZA | “A mocidade construíndo Galiza” é a palabra de orde sob a que se vai realizar no vindeiro 26 de novembro a Asemblea Nacional da organización xuvenil do BNG, co obxectivo declarado de fortalecer o nacionalismo entre a mocidade.

Após o debate nas comarcas e localidades, cualificado como “moi positivo” e en que terían participado máis de 800 mozas e mozos, Galiza Nova culminará na Asemblea de sábado 26 o proceso de actualización das análises e alternativas así como da “estratexia e discurso nacionalista” entre a mocidade.

“Entre todas e todos decidimos. Unha militante, un voto. Así funcionamos no BNG e en Galiza Nova, onde toda a militancia ten a palabra e o voto para decidir sobre o futuro da organización e as persoas que formarán parte da Dirección Nacional”, afirmou na presentación da Asemblea o actual Secretario Xeral, Alberte Mera.

Segundo sinalou a actual dirección, as teses a debate na Asemblea esbozan as liñas de traballo en que a organización xuvenil nacionalista ten presenza: “polo ensino público galego, polo feminismo e as liberdades sexuais, o emprego digno e con dereitos…”

Aliás, Galiza nova marca como obxectivos políticos para os vindeiros dous anos o lanzamento de novas campañas para “multiplicar os apoios ao nacionalismo entre a mocidade, achegar máis xuventude a Galiza Nova e ao BNG, reclamar a implantación do Plan Retorna e un Plan de emprego xuvenil real contra a precariedade e o desemprego da mocidade”.

O Secretario Xeral saínte anunciou que “é momento dunha nova xeración de mozas e mozos para impulsar o nacionalismo xuvenil, e que contarán con todo o apoio daquelas e aqueles que por idade nos toca continuar no activismo noutros sectores diferentes ao xuvenil”.

Mera afirmou tamén sentirse “inmensamente orgulloso da militancia de Galiza Nova e de todas as mozas e mozos desta organización que con entusiasmo e rebeldía relanzaron o nacionalismo xuvenil, un movemento que hoxe se amosa máis vivo, máis activo e grandemente fortalecido”.

Ler máis na Web de Galiza Nova

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s