‘A Coroa agoniza’, chuvia de ataques ao Rei: “Soberbio, falso e triste”

INTERNACIONAL | Marc Villanueva – El Nacional / Durante unhas horas da primeira segunda feira de xullo foi trending topic en España La Corona. Houbo dúas noticias de En Blau que contribuíron: os privilexios da infanta na prisión de Urdangarin e a revelación feita en TV3 e difundida por En Blau do papel de Casa Real dirixindo o 23- F, segundo un garda civil compañeiro de Tejero.

Esta choiva fina informando sen andrómenas da monarquía xa non se fai só desde Catalunya. Eldiario.es publica unha columna de opinión de que o título xa paga a pena: “La Corona agoniza”. Felipe VI xa sufriu a choiva de Girona exiliado, el tamén, no restaurante dos Roca para entregar os Premios Princesa de Girona, como recolle a magnífica fotografía do fotógrafo de El Nacional Sergi Alcàzar. Pero a choiva fina ameaza chuvasco.FVI

A autora, Ruth Toledano, colaboradora de PRISA e pouco sospeitosa de independentista, vai directa contra o ReI: “A Coroa pódese manter como se mantivo Franco: enchufada ao aparello para mantela con vida, aínda que vexetativa; entubada para que lle chegue o oxíxeno a un cerebro de encefalograma plano. (…) Outra cousa é a imposición, que nos obriguen a ter unha morta encima”. Como chega até esta devastadora conclusión un dixital editado en Madrid? Por Catalunya, sempre Catalunya, e como recibiu Girona os Reis a semana pasada.

Leti.jpeg

A columna é sanguenta con Felipe e Letizia nos xardíns do restaurante dos irmáns Roca: “A escena exhalaba unha atmosfera de acto semiclandestino que só rompeu a rechamante aparencia da agora chamada raíña (vestido vermello como rosa dun logo, cabelo tirante como negociación dun divorcio). Felipe e Letizia chegaron xuntos nun carro que non conducían e tratáronse como se non se tivesen dirixido a palabra xamais. Parecían eses convidados a unha voda incapaces de ocultar que pasaron a noite discutindo”. Acertada como un puñal no estómago do rei espido. O toma e daca do paraugas foi máis sutil do que a escena con Sofía na Catedral de Palma mais igual de destrutivo para os Borbóns.

Guardachuva.jpeg

A columnista é implacábel: “O aspecto terríbel que ambos lucían, esa mestura entre soberbia e tristeza, entre altivez e desolación, é a viva imaxe da monarquía, a representación máis gráfica dun réxime que, aínda que se desmorona, aférrase á súa existencia como a un paraugas gris. Todo no seu espazo é falso e falaz. A presunta calma del. A presunta autonomía dela. Todo é tan presunto. Xa non está arriba a Coroa: frota nunha altura abismal que só conduce ao precipicio, ao baleiro”. O artigo merece un trending topic tan grande como unha casa ou como o Palacio da Zarzuela. A pregunta con que acaba non terá resposta: Por que seguimos facendo o paripé? Por que seguimos dicindo que o rei está vestido?

Este artigo encóntrase na sección En Blau do ELNACIONAL.CAT

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s