Enquisas comezan xa a reflectir ascenso do BNG e representación no Congreso

GALIZA | Un inquérito de GAD3 que publican nesta segunda feira (25) diversos diarios do Estado español indica que o BNG entraría na provincia de Pontevedra con unha deputada, ao tempo que o PP perdería até 3 deputad@s na Galiza.

Enquisa

A enquisa no Diario Vasco

Na mesma liña ascendente apunta tamén a enquisa de Sondaxe publicada no domingo 24 que, aínda sen lle dar representación á forza nacionalista, situábaa en 9,4% en Pontevedra, en canto atribuía un escano a C’s con 9,6%, nun virtual empate técnico.

Coa prudencia que deben ser tomadas todas as enquisas, sobre todo vendo os fallos estrepitosos de anteriores eleccións -cómpre lembrar que nas Eleccións Galegas daban ao BNG entre 0 e 2 e finalmente elixiu 6-, parecen recoller con claridade a tendencia ao ascenso do nacionalismo na intención de voto.

O responsábel de Comunicación do BNG, Xavier Campos, celebrou o dato da esquisa indicando que xa ve “a Néstor Rego e a Carme Dasilva no Congreso, como mínimo”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s