
GALEGO CERTO | Non é infrecuente escoitar na radio, en intervencións públicas, conversas e mesmo por escrito, as expresións *a partires de e *a pesares de. Son incorrectas, hipergaleguismos que temos que evitar. O correcto é ‘a partir de’ e ‘a pesar de’. De paso, prestemos atención a estoutras expresións: ás veces, ás presas, á parte…
Non debemos confundir a expresión ‘a partir de’ coas formas de infinitivo flexionado ou futuro de subxuntivo do verbo partir que, na segunda persoa, é partires:
Xa é hora de partires se quixeres chegar en tempo (infinitivo flexionado)
Se partires cedo, avísame e vou contigo (futuro de subxuntivo)
Lembra: a partir de, a pesar de
Repara tamén nestoutras expresións susceptíbeis de se veren afectadas pola interferencia do español:
*a veces – ás veces
*a voltas – ás voltas
*a parte – á parte
*a prisa – ás présas
*a escondidas – ás escondidas
*a tentas – ás apalpadelas