BNG de Vigo presenta Xabier Pérez Igrexas como candidato á alcaldía

XPI3.png

LOCAL | O acto decorrerá sexta feira (14) ás 8 da tarde na Sede de Afundación (Policarpo Sanz, 26). Nel intervirán o candidato e a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón. [VIDEO]

Xabier Pérez Igrexas convida a participar neste encontro cun vídeo que a organización nacionalista de Vigo fixo público nas redes sociais.

 

 

O BNG está a presentar todas as cabezas de lista nas cidades e en moitas vilas do País. En semanas anteriores decorreron encontros en Ferrol con Iván Ribas e Lugo con Rubén Arroxo. No 30 de novembro tivo lugar unha en Compostela para presentar a candidata, Goretti Sanmartín, en que participaron máis de 500 persoas.

Nesta mesma semana tiveron lugar encontros multitudinarios en Ourense, con Luís Seara, e a Coruña, para presentar o tándem de cabeceira composto por Francisco Jorquera e Avia Veira.

ac.jpg

Encontro na Coruña

ac1.jpg

Avia Veira, Jorquera e Ana Pontón

 

ou.jpg

Encontro de Ourense. Ana Pontón, Luís Seara e Noa Presas

Deixe um comentário