BNG elixe Xabier Pérez Igrexas candidato á alcaldía de Vigo

xpi3.pngA Asemblea Local do BNG de Vigo elixiu nesta cuarta feira (12) Xabier Pérez Igrexas como candidato á alcaldía nas próximas eleccións municipais de maio de 2019.  Ten 34 anos e xa unha longa traxectoria de activismo no movemento veciñal, no sindicalismo nacionalista e na política municipal viguesa.

Segundo o seu perfil Pérez Igrexas participa desde 1998 en diferentes movementos sociais, principiando polo movemento veciñal da súa cidade, no que foi Secretario da Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de Vigo.

Na actualidade, Xabier Pérez Igrexas é membro do Consello Local do BNG e unha das persoas chave, xunto con Serafín Otero, na política municipal da organización nacionalista en Vigo e da oposición que o BNG veu realizando desde a rúa ao goberno de Abel Caballero.

É tamén membro da Dirección Comarcal da CIG en Vigo e fixo parte da equipa técnica da Fundación Moncho Reboiras (FESGA) coa que continúa a colaborar.  Ademais, está implicado co grupo de comunicación Sermos Galiza, no que colabora a nivel xornalístico amais de ser Secretario do seu Consello de Administración. Publica columnas de opinión en diferentes medios de comunicación e é autor do blogue Contradiscurso (www.contradiscurso.net) .

En twitter @contradiscurso 

En Facebook (www.facebook.com/contradiscurso)

 

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s