Serafín Otero: “O nacionalismo vai recuperar o apoio popular en Vigo”

CL BNG Vigo.png

LOCAL | O BNG de Vigo elixiu nova dirección local, encabezada por Serafín Otero e integrada por 27 persoas, de entre as que un terzo é de nova incorporación. Otero anunciou que van traballar intensamente, “propoñendo alternativas concretas e empurrándoas desde abaixo, co pobo” e garantiu que alí onde estiver o BNG “vai haber unha voz firme en defensa da veciñanza de Vigo e do noso país”.

O BNG afirma que o novo Consello Local de Vigo é un organismo que aposta na operatividade e na integración para reforzar a pluralidade da fronte nacionalista e salienta a incorporación de activistas do campo estudantil, veciñal, cultural, en defensa dos servizos públicos e do ámbito sindical.

Na nova dirección destacan nomes como o da deputada no Parlamento galego, Carme Adán, o da ex-deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila, o do activista Xabier P. Igrexas ou o do sindicalista da CIG  Anxo Igrexas. “Temos unha equipa renovada, en que hai novas incorporacións e tamén experiencia. Unha equipa solvente que será quen de lograr que o nacionalismo galego recupere un maior apoio popular”, explicou o novo Portavoz local do BNG.

Serafín Otero anunciou que a súa intención é impulsar un traballo intenso “de rúa”, en contacto directo coa xente e cos movementos sociais, “pateando os barrios” e poñendo encima da mesa propostas concretas diante da “inacción do Goberno municipal e o abandono da Xunta” e salientou que  “moitos vigueses e moitas viguesas levan meses a botar en falta a presenza do BNG no Concello, notan a diferenza entre que o Bloque estea ou non”.

É por iso que, segundo anunciou Otero, o BNG despregará “de inmediato” un ambicioso paquete de iniciativas políticas para dar resposta en todos os ámbitos ás principais necesidades e preocupacións da veciñanza de Vigo, tanto a nivel social como a través da súa representación institucional nos parlamentos galegos e europeu e na Deputación de Pontevedra.

LER MÁIS na WEB do BNG -VIGO

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s