CIG consolida posición como primeira forza sindical da Galiza

CIG 1ª

SOCIAL | Cando restan catro meses para finalizar o período concentrado de eleccións sindicais, a CIG avanza na súa posición como primeira forza. A central nacionalista e de clase chama a reforzar o traballo e apela á clase traballadora a garantir co seu voto unha representación que defenda, de forma inquebrantábel, os seus dereitos.

O avance da CIG non é especialmente significativo nas comarcas de Vigo, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Compostela, en que é primeira forza con porcentaxes ao redor ou superiores a 30%. Tamén na Administración pública, na construción, na sanidade, na industria, no ensino público ou no sector servizos.

Para a central nacionalista os resultados “reafirman a crecente confianza no modelo sindical que representa a CIG fronte ao sindicalismo español: un sindicalismo galego, reivindicativo, de base, participativo e afastado do pacto cos poderes”.

Entende a CIG que se torna imprescindíbel “consolidar esta posición e reforzar a organización e a base afiliativa”, tomando en conta que só o sindicalismo nacionalista e de clase “está en disposición de enfrontar a patronal e de encabezar a mobilización”.

Para a CIG é precisa unha mobilización que force o Goberno e a Xunta “a dar un xiro radical e a derrogar as reformas laborais, os recortes, o retroceso nos dereitos e nas liberdades democráticas e a recoñecer o carácter plurinacional do Estado”, cuestións todas elas que acha imprescindíbeis “para avanzarmos como clase traballadora e como pobo galego”.

Ver información no Avantar

Sigue A República no Twitter para estar a par das nosas publicacións

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s