CIG-Ensino aposta en “recuperar os dereitos arrebatados nestes anos”

GALIZA | Na terza feira (4) decorrerán eleccións sindicais no ensino galego. En entrevista concedida ao diario Sermos Galiza, Suso Bermello, salienta o modelo da CIG-Ensino -sindicato maioritario no sector, con 46% da representación- como o dun sindicalismo combativo que pon o foco en recuperar dereitos e traballar por un ensino público galego e de calidade.

sb“O modelo sindical de CIG-Ensino é de proximidade, asembleario, un modelo presente nos centros de traballo e que leva o combate e a contestación social alí onde ten que levala. Somos profesorado, estamos en contacto permanente cos profesores e profesoras, e somos conscientes de que todos os recortes e agresións destes anos non só afectan a quen traballamos no ensino público, senón a toda a sociedade”, sinala o Secretario Xeral da CIG-Ensino.

Bermello salienta que estamos nun tempo en que a clase traballadora “ten que facer un esforzo especial, e tamén as organizacións de clase, por recuperar os dereitos arrebatados nestes anos. A crise serviu tamén para iso, que a loita estea agora centrada na recuperación cando deberiamos estar a falar de avanzos”.

O dirixente da CIG-Ensino enfatiza que todas as propostas de recuperación de dereitos, a conquista de outros novos ou os avances no camiño dun ensino galego de calidade se materializarán “na medida en que pulemos e loitemos por elas, materializaranse na medida en que haxa un apoio importante á campaña daquelas organizacións involucradas”.

Ler na íntegra

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s