BNG realiza encontro pola recuperación da memoria histórica democrática

PA memoriaGALIZA | No cadro do Parlamento Aberto, que o BNG vén realizando para debater de temas de interese con entidades sociais, colectivos e persoas, decorre neste sábado (7) unha xornada sobre Políticas de memoria histórica democrática na Galiza.  O encontro foi aberto por Ana Pontón cunha denuncia de que “a impunidade do réxime do 36 continúa no réxime do 78, a represión, as cloacas, seguen vixentes, así como a perda de dereitos sociais e políticos”.

A Portavoz Nacional do BNG denunciou que no Estado español non existe separación de poderes, cunha xustiza ao servizo do PP e do Réxime de 78, que mete no cárcere rapeiros e políticos “por defender as súas ideas, mentres seguen fóra os corruptos”. Salientou tamén que Feixóo desmantelou as políticas de Memoria que puexera en marcha o BNG “Dedicou CERO euros a estas políticas, metres lle daba 50.000 euros á familia Franco por abrir Meirás”.

Pontón anunciou que o BNG proporá a creación dunha Comisión da Verdade “que permita a reparación e o recoñecemento ás vítimas da represión da Ditadura Franquista” e dunha Lei da Memoria Hístórica de Galiza “que remate coa impunidade e repare as vítimas da Ditadura”.

Pola súa parte, Luís Bará puxo o foco en que unha democracia digna de tal nome non se pode asentar na falta de memoria e reparación. “É unha cuestión ética e tamén política. É incómodo e duro pero debemos afrontalo e ser valentes. O PP di que hai que pasar páxina. Nós non queremos pasar páxina. Os pozos negros da impunidade non poden ser perfumados”.

A Xornada continúa con intervencións de Carlos Babío Urkidi, coautor do libro Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio; Xoán Carlos Garrido, investigador e activista da memoria histórica; Montse Fajardo, xornalista e escritora, activista da memoria histórica; María Lores, descendente de persoas represaliadas e cunha Mesa de experiencias e iniciativas sociais sobre Memoria histórica galega: balance e propostas.

 

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s