Frente á Constitución, o BNG reivindicará a soberanía da Galiza no 6 de decembro

CE BNG

GALIZA | Realizará un acto político en Compostela, ás 12 da mañá, para “evidenciar con claridade a nosa reivindicación democrática e soberanista” frente ás conmemoracións das forzas do rexime que representan “exaltación españolista, valedora da unidade do Estado e da anulación de nacións como a galega”.

O Secretario de Organización, Bieito Lobeira, e a deputada Noa Presas presentaron nesta cuarta feira (28) a campaña do BNG contra a Constitución española no 40 aniversario, sob o lema “Somos unha nación. Temos dereito a decidir”.

Noa Presas afirmou que a Constitución española avala a “discriminación da lingua galega, impide desenvolver os dereitos sociais, nega o dereito a autodeterminación” e blinda unha monarquía “que ninguén elixiu, vitalicia e hereditaria e sobre a que ninguén pode opinar”.

Pola súa parte, Bieito Lobeira salientou que o saldo de 40 anos de constitución é “negativo para Galiza” e representa  marco político  que “non nos vale”. Lobeira enfatizou que o nacionalismo “sempre mostrou a súa oposición con coherencia, durante  corenta anos, a unha constitución que nega os dereitos de Galiza” e contrapuxo á situación actual a necesidade de que a Galiza poida decidir o seu futuro de forma soberana, “sen inxerencias nin interferencias”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s