Novas mobizacions de pensionistas, impulsadas pola CIG

xubil.pngSOCIAL| Decorrerán nesta quinta feira, día 15, en deffensa do sistema público de pensións e dunhas prestacións dignas. Serán 12 manifestacións en todo o País, nas sete cidades e en cinco vilas galegas. Estas novas mobilizacións darán continuidade ás que xa foron realizadas nas pasadas semanas.

A CIG decidiu intensificar a campaña que está a desenvolver en defensa das pensións “ante o grave perigo que corre o sistema público como consecuencia da ofensiva do Goberno español do PP e da gran banca para promover os plans de pensións privados”. O colectivo de Xubilad@s/as e Pensionistas da central nacionalista sinala que o eixo das mobilizacións é “evitar o roubo das pensións públicas, garantir o nivel adquisitivo das prestacións e derrogar as últimas reformas aprobadas por PSOE e PP”.

No concreto, entre as principais reivindicacións destaca o adianto da idade de xubilación, como mínimo aos 65 anos; a equiparación da pensión mínima ao SMI; a actualización anual das pensións equivalente, como mínimo, ao IPC; acabar coas bonificacións e descontos para o empresariado nas cotizacións; a supresión do límite máximo de cotización para os salarios máis altos; pór fin ao “uso indebido” dos fondos da caixa da Seguranza Social, dedicándoa a financiar as pensións contributivas, de viuvez e orfandade, e asumindo as demais pensións asistenciais e subsidios mediante os Orzamentos Xerais do Estado.

Lugares e horarios das mobilizacións

-A Coruña: Obelisco, 11:30h

-Cee: Praza do Concello, 12h

-Boiro: Praza do Concello, 11h

-Santiago: Praza da Galiza, 19:30h

-Ferrol: Praza Amada García (edificio Xunta), 12h

-As Pontes: Praza do Concello, 19:30h

-Pontevedra: Praza da Peregrina, 19:30h

-Lalín: Praza da Igrexa, 19h

-Vigo: A Dobrada, 18h

-Lugo: Praza Maior, 19h

-Ourense: Subdelegación do Goberno, 18:30h

-Burela: Praza da Mariña, ás 19

LER MÁIS en Avantar

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s