CIG anuncia novas mobilizacións en defensa das pensións públicas

cig pensSOCIAL | Manifestacións e concentracións decorrerán no domingo, 15 de abril, ao longo e largo da Galiza “en defensa do sistema público de pensións, pola recuperación dos dereitos roubados e para reivindicar emprego e salarios dignos, como única garantía de termos unhas pensións dignas”.

A iniciativa da central nacionalista enmárcase na campaña que a CIG está a desenvolver “para esixir a derrogación das reformas antisociais e antiobreiras aprobadas baixo a escusa da crise económica”, reivindicación que centrará tamén a conmemoración do próximo 1º de Maio. A Confederación Intersindical Galega anunciou que previamente porá en marcha unha campaña para levar aos centros de traballo o debate “sobre a necesidade de defender o sistema público de pensións, xa que a reivindicación dunhas pensións dignas é unha loita que abrangue toda a clase traballadora”.

No anuncio público das mobilizacións, o Secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, subliñou que é o momento de dar unha resposta contundente “que obrigue o Goberno do PP á derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións, xa que esta é a única alternativa para articular medidas que garantan, de verdade, a viabilidade do sistema público de pensións, o seu poder adquisitivo e que as pensións mínimas sexan iguais ao salario mínimo interprofesional”.

LER MÁIS en Avantar

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s