27 de xuño, Día da República Galega

GALIZA | “Galiza demostra ben ás claras que está en pé, en aberta revolución cara á súa liberdade, a súa autonomía, e a súa independencia absoluta. Cidadáns, nestes momentos non nos interesa a república federal española, senón a República Galega” .

Que contas seguir para estar a par do traballo do BNG por Galiza

GALIZA | Nunha campaña absolutamente mediatizada, mais, ao mesmo tempo, focalizada en Madrid, a presenza nos medios dunha forza nacionalista como o BNG é moi inferior á súa presenza e ao traballo que desenvolve. Frente a iso, as redes sociais son unha fonte alternativa de información directa. Aquí deixamos algunhas contas en que é posíbel…

Suso de Toro anuncia que se suma ao BNG

GALIZA | O escritor anunciou nesta quinta feira (17) a través da súa conta de twitter que viña de solicitar a afiliación ao BNG. De Toro denuncia no seu tuit “como tratan a Galicia os partidos estatais nos presupostos cando non temos representación propia”

CIG organiza homenaxe nacional a Suso Seixo

GALIZA | O acto decorrerá no sábado, 26 de xaneiro, en Compostela. Seixo liderou durante 16 anos a central nacionalista e de clase como Secretario Xeral, cargo que abandonou en 2017. Nese tempo, a CIG situouse como a primeira central sindical do País en afiliación (por volta de 80.000 afiliadas e afiliados), capacidade mobilizadora e…