O Brexit impulsa o Si á independencia da Escocia

INTERNACIONAL| O Brexit tornouse o mellor aliado do independentismo escocés. Segundo unha sondaxe de The Scotsman, o apoio á independencia sobe até 47% en canto as negociacións entre Londres e Bruxelas non chegan a unha solución amigábel polo divorcio. 43% das persoas enquisadas prefiren permanecer no Reino Unido e 10% continúan indecisas.