
GALIZA | “Galiza demostra ben ás claras que está en pé, en aberta revolución cara á súa liberdade, a súa autonomía, e a súa independencia absoluta. Cidadáns, nestes momentos non nos interesa a república federal española, senón a República Galega” .
A proclama de Carnero Valenzuela no día 27 de xuño de 1931, como a de Alonso Ríos e outros oradores, deixa ás clares a vontade de construír unha Galiza soberana. O que comezara como un conflito social co culme dunha greve obreira nos camiños de ferro, levou á proclamación da República Galega. Por desgraza, resultou efémera, mais marcou o camiño. Hoxe continúa sendo un soño colectivo polo que loitar.
Vídeo-reportaxe da Fundación Moncho Reboiras (CIG).
Deixamos a seguir algunhas ligazóns sobre os acontecementos de 26 e 27 de xuño de 1931.