Candidato comunista, mellor valorado para presidente de Chile

INTERNACIONAL | O candidato do Partido Comunista, Daniel Jadue, aparece hoxe en Chile como o mellor valorado pola poboación de cara ás eleccións presidenciais do próximo mes de novembro.

Así o reflicte a enquisa Praza Pública da consultora Cadem, que sitúa a Jadue cunha intención de voto de 20%, seguido por Joaquín Lavín, da Unión Democrática Independente (UDI) dereita, con 16 puntos.

Cun notábel aumento das enquisas, a presidenta do Senado, Yasna Provoste, dos demócratas cristiáns -que de momento non está entre os candidatos á presidencia- aparece con 13%, en canto o expresidente do Banco do Estado, Sebastián Sichel, con 11%.

Os demais candidatos fican atrás, con puntuacións que oscilan entre 7 e 1%, segundo a pesquisa, que é realizada semanalmente e esta vez focada nas eleccións de constituíntes, concelleir@s, gobernador@s e alcaldías, de 15 a 16 de maio.

Segundo as persoas entrevistadas, como destaque desta consulta, 45 por cento sinala o grande número de candidatos independentes elixidos. O máis rechamante foi a escasa participación de votantes e 39 indicaron a derrota da dereita, que non chegou ao terzo do electorado.

Do mesmo xeito, para 70% dos enquisados, o grande perdedor nestas eleccións foi a coalición Vamos por Chile, composta por todos os partidos da dereita.

Canto á avaliación da actuación do presidente Sebastián Piñera, a enquisa reflicte máis unha vez a escasa popularidade do presidente, que alcanza 13 por cento de apoio, tres puntos porcentuais menos que a semana anterior.

Nesta liña, o nivel de reprobación sobe tres puntos en relación á consulta anterior, até 79 por cento.

Este artigo encóntrase no Patria Latina

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s