BNG exixe ao Goberno galego a compatibilidade da RISGA co Ingreso Mínimo Vital

GALIZA | A deputada do BNG, Olalla Rodil formulou unha pregunta ao goberno ante situación xerada entre a poboación máis vulnerable obrigada a devolver a RISGA por incorrer en incompatibilidade co Ingreso Mínimo Vital. Hoxe, dixo a deputada, dende o BNG preguntamos cando ten previsto a Xunta rematar con esa incompatibilidade.

Porque esa incompatibilidade, remarcou Rodil, está a endebedar a persoas extremadamente vulnerables ás que a Xunta pide que “devolvan a RISGA, en dez meses”.

O goberno galego, afirmou a nacionalista, “non reformou a Lei de Inclusión” nin aprobou “unha normativa de urxencia” para evitar este pago.

Na súa intervención, Rodil explicou que no BNG, “sabiamos da incapacidade do Goberno español para axilizar e facilitar a tramitación do Ingreso Mínimo Vital e que a RISGA era incompatible con calquera outra prestación desde que se creou”.  Xa se sabía pero estamos a falar de “persoas que ingresan apenas 470 euros ao mes, a maioría mulleres, que agora deben enfrontar reclamacións de até 5.000 euros” e criticou que a Xunta, en troques de presentar unha proposta para solucionar o problema, dedicouse a “parchear” a situación co aprazamento do pago nun máximo de 30 meses, polo que preguntou se a Xunta lles está a propoñer que “aforren o IMS para revolver a RISGA” como única opción.

 Estamos a falar, reiterou Rodil, de persoas que carecen de traballo e sen máis ingresos que esta prestación e a proposta de fraccionar os pagos pode mitigar algún caso pero non resolve o problema.

Dende o BNG propoñemos que a Xunta  aprobe “con carácter de urxencia”, como fixo o Goberno de Canarias, “a compatibilidade das dúas prestacións” para evitar que as persoas e familias vulnerables teñan que devolver as contías percibidas da RISGA e que non  haxa ningunha persoa en situación de pobreza á que se lle reclamen 5.000 euros de axudas.

Por outra parte, solicitamos unha reforma da Lei de Inclusión que aborde a compatibilidade da RISGA con outras prestacións  e sirva para reforzar o dereito á vivenda, principal elementos de exclusión hoxe, ao que sumou o tramo de inserción laboral para garantir o dereito ao traballo.

Tras a resposta da conselleira de Política Social, Fabiola García, a deputada do BNG, Olalla Rodil replicou que no mes decembro do ano 2020, o BNG impulsou un acordo parlamentario para proceder de “maneira inmediata” coa eliminación desta  incompatibilidade porque, “isto non é algo novo e os gobernos eran coñecedores”. Pedimos, de novo, que se cumpra ese acordo e se aprobe a normativa para compatibilizar a RISGA con outras prestacións. É unha cuestión de “vontade política” e vostedes, dixo, poden facelo no vindeiro consello da Xunta. 

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s