BNG fortalece a súa candidatura co apoio de Compromiso por Galicia

cxgbng

GALIZA | Segundo anunciaron nesta segunda feira (7), Compromiso por Galicia (CxG) apoiará a candidatura do Bloque Nacionalista Galego nas eleccións de 10 de novembro. Deste modo, a do BNG confórmase como a única candidatura galega que concorre e ve fortalecidas as opcións de obter representación, como xa reflicten as enquisas.

Ana Pontón, polo BNG e Juan Carlos Piñeiro, por Compromiso presentaron o acordo que formaliza o apoio da organización galeguista ás candidaturas nacionalistas “desde a convicción de seren as forzas políticas galegas, non subordinadas a ningunha outra de ámbito estatal, quen de defenderen con liberdade e garantías os intereses, dereitos, propostas e aspiracións do pobo galego“.

Segundo ambas formacións, o apoio prodúcese “Sen obviar as lexítimas diferenzas ideolóxico-políticas de dous proxectos políticos tamén distintos” mais concordando na necesidade de a Galiza posuír “voz propia, soberana, nas Cortes do Estado”.

O documento político do acordo consta de dez puntos, sendo o primeiro “Galiza é unha nación e ten dereito á autodeterminación“. Nos restantes recóllense medidas a defender “mentres se manteña o actual marco institucional” e na perspectiva de conseguir “máis capacidade de decisión desde o goberno e administración galegas”.

Nunha comunicación enviada á militancia da organización frentista sinálase que asegurar o obxectivo de a Galiza contar con voz propia “é a razón que leva, por exemplo, a inserir nas nosas listaxes persoas procedentes do activismo independentista e de defensa da lingua, outras independentes, ou de Compromiso por Galicia” e sublíñase que esta formación, “a diferenza doutras formalmente galegas que buscaron alianzas con forzas españolas”, optou por apoiar a ‘candidatura de País’ que representa o BNG.

Eis o texto completo do documento presentado:

Sen obviar as lexítimas diferenzas ideolóxico-políticas de dous proxectos políticos tamén distintos, Bloque Nacionalista Galego e Compromiso por Galicia concordan na necesidade de a Galiza posuír voz propia, soberana, nas Cortes do Estado, desde a convicción de seren as forzas políticas galegas, non subordinadas a ningunha outra de ámbito estatal, quen de defenderen con liberdade e garantías os intereses, dereitos, propostas e aspiracións do pobo galego. Así, Compromiso por Galicia participa nas candidaturas do BNG para as vindeiras eleccións xerais do 10 de novembro, como Candidatura de País, como oportunidade para verificar este obxectivo, e desde a asunción dos seguintes principios:

1. Galiza é unha nación e ten dereito á autodeterminación.
2. Mentres se manteña o actual marco institucional, demanda dun avance que implique máis capacidade de decisión desde o goberno e administración galegas: concerto económico e Facenda Galega, e transferencias competenciais.
3. Defensa da lingua galega. Restauración de usos sociais e completa normalización do galego.
4. Defensa do emprego digno na Terra e do avance nos dereitos laborais. Pensións dignas e sistema público garantido.
5. Banca Pública Galega ao servizo do desenvolvemento económico do país.
6. Reactivación da economía galega e da súa capacidade produtiva. Recursos naturais ao servizo do pobo galego. Tarifa eléctrica galega e promoción das enerxías renovábeis.
7. Políticas feministas para avanzar nos dereitos das mulleres, no camiño da igualdade real.
8. Servizos públicos de calidade.
9. Defensa do medio ambiente
10. Democracia, dereitos e liberdades. Derrogación do marco legal regresivo, e garantías no exercicio e dereitos democráticos. Recuperación dos bens espoliados polo franquismo.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s