GALIZA | Unha enquisa electoral realizada por Sondaxe outorga un representante ao Bloque Nacionalista Galego nas próximas eleccións xerais de 10 de novembro. Na Galiza perdería un escano o PSOE e dous Ciudadanos. O inquérito foi publicado polo xornal La Voz de Galiza neste domingo (29).
A frente nacionalista voltaría ao Congreso despois de catro anos de ausencia e de ficar ás portas de obter representanción pola Coruña nas pasadas eleccións de 26 de abril. A Portavoz Nacional, Ana Pontón afirmaba neste sábado (28), após aprobar o Consello Nacional as candidaturas do BNG, que “neste 10N témolo ao alcance da man, na punta dos dedos, porque estamos convencidas que a xente deste país tomou boa nota do pasotismo con Galiza, tomou boa nota da inutilidade das forzas estatais que xogaron co seu voto, e vai apostar polo BNG para ter unha voz propia en Madrid que defende os seus intereses ante o Goberno do Estado”.
As candidaturas do BNG están encabezadas por Néstor Rego (A Coruña), Carme da Silva (Pontevedra), Olalla Rodil (Lugo) e Francisco García (Ourense.
Segundo esta sondaxe, no conxunto do Estado o PSOE manteríase como primeira forza política, ainda perdendo representación (2 deputados). Que máis caería é Ciudadanos, que pasaría de 57 a 27. ERC obtería 14, JxCAT 7, PNV 6 e EH Bildu 4.
LER TAMÉN