GALIZA | O BNG aprobou neste sábado (28) as súas candidaturas ao Congreso e ao Senado para as próximas eleccións xerais de 10 de novembro. Néstor Rego e Carme da Silva voltarán a encabezar as candidaturas da Coruña e Pontevedra, respectivamente. A deputada Olalla Rodil será primeira por Lugo e o ex-alcalde de Allariz, Francisco García, por Ourense.
A frente nacionalista arrancou a preparación das eleccións coa aprobación das candidaturas, do programa e da estratexia electoral, co obxectivo de recuperar a representación no Congreso.
Ana Pontón sinalou que nas pasadas eleccións de abril o BNG ficou ás portas de obter representación e duplicou o número de votos. A Portavoz nacionalista enfatizou que “neste 10N témolo ao alcance da man, na punta dos dedos, porque estamos convencidas que a xente deste país tomou boa nota do pasotismo con Galiza, tomou boa nota da inutilidade das forzas estatais que xogaron co seu voto, e vai apostar polo BNG para ter unha voz propia en Madrid que defende os seus intereses ante o Goberno do Estado”.
LER MÁIS na WEB do BNG