BNG apoia mobilizacións de 27 de setembro pola crise climática e en defensa da terra

Millo seco

AMBIENTE | O BNG entende que, nunha perspectiva global, é preciso denunciar o interese en pór o foco de atención nas consecuencias da crise climática “e non nas súas causas: sistema económico capitalista depredador de recursos, xerador de relacións inxustas e de graves agresións ás persoas, aos pobos e aos ecosistemas…”

Por iso a forza nacionalista enfatiza que cómpre “denunciar as consecuencias da actual fase do capitalismo e explicar a crise climática nese contexto, poñendo en relación as agresións ao medio coas desigualdades económicas e sociais e as opresións nacionais e de clase”.

Tamén defende que, desde unha perspectiva galega, “é necesario ter en conta o papel de Galiza na economía estatal e mundial como fornecedora de materias primas, mediante o desenvolvemento de actividades extractivas e depredadoras que teñen altos custos ambientais e escasos beneficios sociais e para o país no seu conxunto”.

Aínda, para o Bloque Nacionalista Galego, é necesario ter en conta que o debate sobre a emerxencia climática “é un terreo cheo de trampas, pragado de declaracións para a galería, de boas intencións e de posturas cosméticas. Todo o mundo se apunta á moda do verde, do sustentábel, da economía circular, mesmo aqueles gobernos e grandes corporacións que traballan xusto no sentido contrario e que son os principais responsábeis da crise do clima”.

Por iso, o BNG destaca que precisamos “menos declaracións e máis actuacións, menos postureo e máis medidas efectivas para cambiar o rumbo dun mundo que vai camiño da catástrofe”.

LER MÁIS na WEB DO BNG

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s