Garda Civil detén 9 independentistas cataláns

gc

INTERNACIONAL | A Garda Civil iniciou nesta segunbda feira (23) un operativo por orde da Audiencia Nacional contra independentistas que “planeaban accións violentas”. O operativo dos Servizos de Información da Garda Civil foi ordenado polo xulgado central número 6 da Audiencia Nacional e sáldase, por agora, con nove detidos que serán trasladados a Madrid nas próximas horas. A Garda Civil non descarta máis detencións.

De momento sábese que unha operación está a se producir en Sabadell, en Mollet do Vallès e en Cerdanyola. Ràdio Sabadell explica que a operación “estaría relacionada co Casal Anarquista da rúa Edgardo Ricetti”, no centro da cidade e que, como consecuencia, estaría cortada a rúa Convent entre Sant Honorat e a praza das Dons do Tèxtil. Un helicóptero da Garda Civil sobrevoa a zona.

En declaracións a RNE, o ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, non descartou máis detencións e máis rexistros da Garda Civil, e confirmou que se lles acusa de terrorismo. O ministro engadiu que son detencións similares ás do xullo pasado a membros de colectivos independentistas como Arran e SEPC.

A investigación xudicial comezou hai máis de un ano

Da Audiencia Nacional informan que os detidos son membros dun grupo dos CDR e tiñan “capacidade para cometer accións violentas”. A investigación xudicial comezou hai máis de un ano polo delito de terrorismo. Os detidos declararán na Audiencia Nacional nos próximos días.

Gabriel Rufián critica as detencións

O portavoz de ERC no Congreso, Gabriel Rufián, criticou o operativo en marcha contra grupos independentistas: “Vives nun país en que se detén xente de madrugada para buscar probas na súa contra. Coméntoo porque en democracia é xusto ao revés”.

Máis información no El Nacional

 

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s