Sánchez garante por escrito a Rivera que “non vacilará” en aplicar o 155 se for preciso

Rivera Sánchez

INTERNACIONAL | A carta de Albert Rivera a Pedro Sánchez xa ten unha resposta deste. Nesta terza feira, o presidente en funcións respondeu á carta do líder de Ciudadanos cos mesmos argumentos que na segunda. 

Sen asumir explicitamente as condicións, o líder socialista reiteroulle que pode absterse porque “non hai impedimento”.Entre outras cousas, Rivera pediu aplicar o 155 no caso de desacatamento da sentenza de 1-O, comprometéndose a non  indultar os presos políticos ou desfacer o goberno de esquerda e nacionalista de Navarra. Sobre o 155, Sánchez garante por escrito que “non dubidará”.

Na súa misiva, o secretario xeral do PSOE replícalle que “se ese é realmente o seu propósito e é ditado polo celo na defensa da Constitución, pode estar seguro de que non hai impedimento para facilitar a investidura”. Neste sentido, pídelle a Rivera que “teña a certeza de que se a súa vontade é defender a Constitución, non encontrará un aliado mellor disposto do que o Partido Socialista“. E insiste neste sentido: “Entendo que se esas son as preocupacións que condicionan a súa posición neste proceso de investidura, non debería haber problema para contribuír coa súa abstención e desde a oposición, ao desbloqueo político, como literalmente afirma na súa carta” .

A respecto das condicións de Albert Rivera, Pedro Sánchez repite o argumento socialista das últimas horas. En primeiro lugar, que “Navarra ten un goberno liderado polo PSOE plenamente comprometido coa defensa da Constitución e do réxime foral e de que non fai parte Bildu, que si integraba, no entanto, o anterior executivo rexional”. En segundo lugar, que “o PSOE ten acreditado o seu compromiso total coa Constitución en Cataluña” e que “un goberno socialista non vacilaría en usar os seus poderes para garantir a soberanía nacional, a integridade territorial do país e a convivencia”, se for preciso coa aplicación do 155 seguindo a doutrina do Tribunal Constitucional. Finalmente, subliña que “o obxectivo do PSOE é distribuír a carga fiscal cunha maior xustiza”.

“En resumo, señor Rivera, quero transmitirlle o noso compromiso firme coa Constitución e as leis en calquera punto da nosa xeografía e mellorar o poder adquisitivo e os niveis de vida das clases medias e traballadoras”, conclúe o presidente en funcións.

Esta información encóntrase no El Nacional

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s