INTERNACIONAL | Unha delegación do BNG, integrada por Rubén Cela, Ana Miranda e Bieito Lobeira, deslocouse a Cataluña para asistir aos actos da Diada que decorren neste 11 de setembro. Na mañá realizaron a ofrenda floral a Rafael Casanova, Coseller en Cap e líder da resistencia catalá durante o cerco de Barcelona polas tropas borbónicas en 1714.
Na tarde, xunto con militantes do BNG en Cataluña, participan na grande manifestación que decorre no centro da capital catalá sob o lema Obxectivo: Independencia e no acto que terá lugar ás 17.14. A Assemblea Nacional Catalana (ANC) chamou a encher Barcelona para revitalizar a mobilización social en prol da independencia de Cataluña. Previamente xa estaban inscritas máis de 400.000 persoas.
En Barcelona (con clima galego) xunto a @anamirandapaz e Bieito Lobeira, representando a @obloque na ofrenda flora… twitter.com/i/web/status/1…—
Rubén Cela (@rubencela) September 11, 2019
.@obloque present a l'ofrena floral a Rafael de Casanova. Visca #CatalunyaLliure e Viva #GalizaCeibe! 💜✊💙 #Diada… twitter.com/i/web/status/1…—
BNG Catalunya ||*|| 💛 🎗️ (@BNGCatalunya) September 11, 2019
Na #Diada2019 representando ao BNG @obloque, internacionalismo entre Pobos irmáns. #LlibertatPresesPolitiques https://t.co/e1bD5v2kTp—
Ana Miranda (@anamirandapaz) September 11, 2019
Un saúdo solidario ao pobo catalán #Diada2019 "Poderán cortar as flores, pero non poderán deter a primavera" https://t.co/EGNK5L13FE—
Ana Pontón (@anaponton) September 11, 2019
Democracia e dereitos para Catalunya. ✊ #Diada19 #Diada2019 https://t.co/g6fzexuGUF—
BNG (@obloque) September 11, 2019