BNG expresa solidariedade cos presos políticos cataláns

Miranda LledonersINTERNACIONAL | Ana Miranda integrou unha delegación de eurodeputados que nesta segunda feira (9) visitou no cárcere de Lledoners os presos Oriol Junqueras, Raül Romeva e Jordi Cuixart. Da delegación fixeron tamén parte Pernando Barrena (EH Bildu), Diana Riba (ERC) e Jordi Solé (ERC), deputados no Parlamento europeo pola coalición Agora Repúblicas, que agrupou as organizacións soberanistas das tres nacións nas pasadas eleccións europeas.

Representado por Ana Miranda, o BNG integra a plataforma “Diálogo UE – Catalunya”, integrada por membros de diversos grupos parlamentares europeos. Así, no encontro cos presos políticos tamén participarán, entre outros, o eurodeputado François Alfonsi (do Europe Ecologie, de Corsica) e Mark Demersmaeker (Former MEP e senador do Parlamento belga).

Esta visita é a terceira de Ana Miranda aos presos políticos cataláns, quen, para alén de trasladar o apoio do BNG aos dirixentes independentistas cataláns presos,  defendeu que “un problema político ten que ter unha solución política e dialogada”.

“Que o relator da ONU diga que as sentencias por delito de rebelión poden implicar extensas condenas de prisión e supoñen un risco moi grave para a liberdade de expresión debería ser tido moi en conta”, garantiu Ana Miranda.

LER MÁIS na WEB do BNG

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s