Os 700 millóns e o control do noso diñeiro [Néstor Rego]

eurosOPINIÓN | Para alén de que a débeda do goberno español coa Galiza é ben maior dos 700 ME, -mesmo se non falarmos en termos “históricos”, senón simplemente deste último período- o debate sobre a retención deses recursos por parte do Ministerio de Facenda pon en evidencia a situación de dependencia política do noso País e a total inoperancia do modelo autonómico.

Madrid decide a conveniencia cando nos entrega o diñeiro que é noso porque o pagamos cos nosos impostos. Feixoo protesta mais, como bon colonizado que é, non quere ir ao fondo do problema, porque iso sería admitir que o tal “autogoberno” fica en auga de bacallau e non pasa dunha mera descentralización administrativa.

Nin sequera recorreu á vía xudicial, como fixo o Goberno catalán. E debería. Mais o asunto vai alén diso. No mínimo para chegarmos á conclusión de que, mesmo dentro deste marco, é preciso outro modelo de financiamento baseado no concerto económico – como o que funciona desde hai 40 anos no País Basco- que implica termos nós o control dos nosos impostos. Con este modelo de financiamento, a Galiza sae perdendo ano a ano. Segundo os cálculos máis conservadores, a diferenza entre o que pagamos en impostos e o que recibimos sitúase como mínimo en 1.300 ME cada ano.

O sucursalismo nin quere ouvir falar do modelo de concerto económico porque sabe que, sen ser a solución aos problemas da nosa nación, deitaría por terra o mito de que somos un País subsidiado, que vivimos da caridade de España. Porque a realidade é moi outra. España espolia os nosos recursos, a nosa enerxía, o noso aforro… e tamén directamente os nosos impostos. E todo coa aquiescencia e a adhesión entusiasta das forzas españolas ao rexime constitucional que o permite e o perpetúa.

Só o nacionalismo defende outra saída. Cando falamos de soberanía estamos a falar da necesidade de acabar co espolio, de asumir o control pleno dos nosos recursos e do noso futuro. Estamos a falar de desenvolver toda a capacidade dun País rico en recursos e con inmensa potencialidades. Esa é realmente a única posibilidade de mudarmos as cousas de verdade.

Este artigo encóntrase no blog Dias a fio

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s