Constituída a plataforma SALVEMOS O IRIBIO, para defender a serra do Courel

IRIBIOAMBIENTE | [ADEGA] Entidades ecoloxistas, culturais, veciñais e políticas, e persoas a nivel particular, constituíron no 27 de agosto a plataforma “Salvemos O Iribio” coa finalidade de defender a Serra do Iribio das obras dun Parque Eólico e das instalacións electromecánicas asociadas, como é a Liña de Alta Tensión “Serra do Oribio”.

Esta mítica montaña forma parte da Zona de Especial Conservación (ZEC) Ancares-Courel, da Rede Natura 2000, e sitúase dentro do Ben de Interese Cultural (BIC) Camiño de Santiago Francés, ademais de estar inserida na proposta de declaración da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Iribio e Courel.

A Serra do Iribio é o monte que conserva o maior imaxinario máxico do Courel, agochando neste enclave un amplo patrimonio inmaterial, polo que ademais discorre o antigo Camiño Real, que empregaban os arrieiros para acceder á Meseta desde Galicia, ao que acompaña un extenso inventario de bens patrimoniais de carácter arqueolóxico e histórico-cultural que xa foi en parte destruído polas obras irregulares do parque eólico.

LER MÁIS na WEB de ADEGA

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s