Demostración de forza dun BNG que quer “dar un salto” nas próximas eleccións

ena2

GALIZA | O BNG abarrotou neste domingo (31) o Auditorio de Galiza nun Encontro Nacional con que arranca a campaña electoral e en que participaron unhas 1.500 persoas. “Estamos nunha moi boa situación para dar un grande salto adiante, fagámolo posíbel” enfatizou Ana Pontón.

Para a portavoz nacional, a “enerxía colectiva” que achega a militancia nacionalista está detrás “do avance impaábel” dun BNG que se presenta cun proxecto político “sólido, solvente, cohesionado e coa a man tendida”. Ponto quixo deixar claro que as portas do BNG “están abertas a todas as persoas que queren forzas propias e neste proxecto común hai sitio para quen leve Galiza na cabeza e no corazón”.

En medio dun ambiente festivo, e ante unha militancia que durante o acto transmitiu entusiasmo convencida da remontada, a líder nacionalista  salientou que a elección “non está entre unha dereita botada ao monte e unha esquerda que non foi capaz de derrogar nin a LOMCE, nin a Lei mordaza, nin as contrarreformas laborais.  A elección é Galiza si ou Galiza non. É nós dicimos Galiza si! É o momento de Galiza e de apostar polo noso, de apostar polo BNG”, proclamou.

Dirixido polos artistas Isabel Risco e Quico Cadaval, o encontro nacional abriu coa intervención da candidata a Eurocámara, Ana Miranda, para dar paso os discursos das alcaldesas de Allariz e Moaña, Cristina Cid e Leticia Santos, seguidas das cabezas de lista pola Coruña (Francisco Jorquera), Lugo (Rubén Arroxo), Ourense (Luís Seara), Pontevedra (Miguel A. Fernández Lores), Santiago (Goretti Sanmartín), Ferrol  (Iván Rivas) e Vigo (Xavier Pérez Igrexias). E das persoas candidatas ao Congreso, Nestor Rego pola Coruña, Maite Ferreiro por Lugo, Iago Tabarés por Ourense, e Carme da Silva, por Pontevedra.

O ambiente de entusiasmo da militancia nacionalista prolongouse nas redes sociais, con numerosos post que destacan o bon moemnto en que se encontra a organización nacionalista, a súa capacidade de mobilización e a convicción de recuperar a voz galega nas Cortes do Estado.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s