BNG quer colocar os intereses da Galiza no centro do debate das xerais

GALIZA | ‘Agora Galiza’ será o lema con que a forza soberanista pretende “galeguizar a campaña, falar das cousas que nos afectan, da sanidade, das infraestruturas, da estafa da AP-9, da lingua, …” e recuperar unha voz propia “sen intermediarios nin submisións” nas Cortes.

Xavier Campos e Olalla Rodil presentaron nesta sexta feira a imaxe e as mensaxes con que o BNG vai enfrontar as eleccións xerais, marcando como obxectivo “galeguizar a campaña electora, porque hai moita xente  farta do ruído español e de escoitar falar da reconquista de España”.

“Os galegos e galegas -explicou Campos- queren escoitar alternativas aos problemas da sanidade pública polos recortes de Feixóo, os empregos en risco de Alcoa, Poligal  ou Ferroatlántica, a estafa da AP-9 ou un sistema ferroviario do século XIX. Destes problemas -recalcou- falará o BNG”.

O responsábel de comunicación do BNG salientou que  desenvolverán unha campaña “nun ton positivo, audaz e atrevido pero sobre transmitindo   que  o BNG está nun momento  de plena remontada, que suma, avanza e aglutina cada día a  máis persoas”.

A deputada Olalla Rodil salientou que nesta campaña “ten que falarse de Galiza, é o momento, agora, de apostar por Galiza, de poñer o país no centro do debate político”.

Máis info na WEB do BNG

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s