Ex-Secretario Xeral de Podemos Galiza anuncia que irá votar no BNG

GALIZA | Preguntado en Radio Voz polas Eleccións Xerais e a situación na Galiza, Breogán Riobóo afirmou: “Agardo que o BNG teña un bo resultado, teñen o meu voto”.

O propio Riobóo reproduciu nun tuit a resposta que deu na radio: “Hoxe en Radio Voz preguntáronme polas eleccións xerais e a situación en Galicia. Resposta: Anova renuncia por non ter postos de saída, PodemosEsquerda Unida rompen En Marea para ter máis poder. Así que agardo que o Bloque teña un bo resultado, teñen o meu voto”.

Breogán Riobóo foi o primeiro Secretario Xeral de Podemos na Galiza, até que en febreiro de 2016, pir discrepancias con Pablo Iglesias, foi destituído e a dirección que encabezaba disolta desde Madrid.

Non é a primeira vez nestes meses que Riobóo se manifesta favorábel ao BNG. De feito na súa conta de Twitter ten fixado un tuit en que, recollendo o anuncio de Suso de Toro de ter solicitado a afiliación ao BNG, comenta: “Coido que Suso de Toro non será o último. Haberá máis xente que se incorpore “ex novo” ou de novo ao Bloque”.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s