As castañas son seis veces máis rendíbeis que os eucaliptos

AMBIENTE | Un souto 15 anos adecuadamente atendido pode xerar un produto anual  por hectárea de entre 6.000 e 8.000 euros, frente aos 1.000 / 2.000 que xera un eucaliptal do mesmo tamaño. E iso só en castañas, para alén do valor da madeira ou de aproveitamentos complementares.

Chestnut5.png

[Llucía F. Marqués / InfoAsturies]  Un estudo sobre posíbeis usos do monte realizado en Asturias reflicte que a explotación de castiñeiros podería multiplicar por seis os beneficios de plantacións de eucalipto.

O obxectivo é deter o abandono do monte e para iso é esencial, no contexto actual, facelo rendíbel. Ademais, un monte coidado é menos vulnerábel aos incendios e a súa explotación podería proporcionar un medio de vida para os habitantes das aldeas de montaña, evitando a súa desaparición. Con estas premisas son buscadas ideas de usos das terras forestais desde o enfoque económico, social e ambiental.

A conclusión é que o máis produtivoson os castiñeiros. Un souto de 15 anos adecuadamente atendido pode xerar un produto anual  por hectárea de entre 6.000 e 8.000 euros, frente aos 1000/2000 que xera un eucaliptal do mesmo tamaño. E iso nada máis nas castañas, pis a medio e longo prazo, a madeira é un segundo ben rendibilizábel. Ademais, proponse a explotación conxunta con cultivos de cogumelos ou coa apicultura, dúas actividades que, para alén de seren moi rendíbeis en si mesmas, son beneficiosas para o medio e para o óptimo desenvolvemento dos soutos.

Outra posibilidade é combinar a venda de castañas directamente coas plantas de procesamento. Por exemplo, a fariña de castaña é cada vez máis demandada entre as persoas que sofren de alerxia ao glute e o marrón glacé é un produto de alto valor engadido en toda Europa.

Esta información encóntrase en InfoAsturies

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s