Ana Pontón: “Os grupos de En Marea que non tenten trasladar os seus problemas e leas”

ap2

GALIZA | A Portavoz Nacional do BNG deixou claro que a idea de Beiras de concorrer ás europeas na candidatura soberanista non é “seria” xa que nin sequera existe unha proposta. Cabe lembrar que Antón Sánchez rectificou inmediatamente Beiras matizando que Anova “non ten ningunha decisión” ao respecto.


Ler tamén:

Anova pretende sortear a grave crise de En Marea ofrecéndose á candidatura do BNG

BNG, Esquerra e Bildu apresentan candidatura ás europeas en Compostela


“Para avaliar as propostas, estas propostas deben existir e ser serias. Non podemos avaliar propostas que non existen”, respondeu nesta quinta feira Ana Pontón á idea lanzada no día anterior por Beiras.  A líder nacionalista deixou claro que non está disposta a facer o xogo a quen gusta “da lea, o espectáculo e as frivolidades cando falamos de cousas serias”.

“Non estamos para solucionar as leas de En Marea. Estamos para traballar polos problemas do país, para traballar con seriedade e rigor para os galegos”

Pontón sinalou que se En Marea ten un problema “eu non me vou meter” mais advertiu : “Os problemas de En Marea que non intenten trasladárnolos a ninguén”.  A Portavoz nacionalista enfatizou que o BNG non está “para solucionar as leas de En Marea. Estamos para traballar polos problemas do país, para traballar con seriedade e rigor para os galegos”.

A Portavoz Nacional do BNG, que dixo non ter intención de entrar “en especulacións nin en leas nin en barullos” salientou que a coaligazón soberanista con ERC e EH Bildu está fechada pois será apresentada nesta sexta feira en Compostela. Pontón concluíu que esta alianza das tres nacións representa unha grande oportunidade para garantir a presenza da Galiza en Europa e “dar continuidade ao traballo desenvolvido por Ana Miranda”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s