
GALIZA | Será nesta sexta feira (25) no Hotel Palacio do Carme, ás 11 da mañá. No acto, que será apresentado polo escritor Suso de Toro, intervirá Ana Pontón como portavoz da forza anfitrioa, Ana Miranda (BNG), Josu Juaristi (EH-Bildu) e Diana Riba (ERC).
As forzas soberanistas xa anunciaran a finais de novembro que concorrerían conxuntamente ás Eleccións ao Parlamento Europeo nunha candidatura que ten por obxectivo a defensa dos dereitos das tres nacións -nomeadamente do dereito de autodeterminación- así como da democracia e das liberdades públicas.
Esquerra avanzou que a candidatura conxunta estaría encabezada por Oriol Junqueras, actualmente preso no cárcere de Lledoners. Pola súa parte, o BNG elixiu Ana Miranda como cabeza de lista da súa candidatura. As forzas coaligadas contan na actualidade con 3 representantes no Parlamento Europeo.