Suso de Toro anuncia que se suma ao BNG

GALIZA | O escritor anunciou nesta quinta feira (17) a través da súa conta de twitter que viña de solicitar a afiliación ao BNG. De Toro denuncia no seu tuit “como tratan a Galicia os partidos estatais nos presupostos cando non temos representación propia”

O anuncio de Suso de Toro foi secundado en poucas horas por máis de 1.000 gostos e 300 retuits. Aliás, numerosos dirixentes e militantes nacionalistas deron a benvida ao escritor nas redes sociais. A Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, escribiu na súa conta:

“Benvido Suso ao BNG. Para min é un orgullo compartir proxecto común contigo. Temos as portas abertas para todas as persoas que levan a Galiza na cabeza e no corazón. Cada día máis evidente a necesidade do Bloque para que o noso país avance. Grazas polo teu compromiso!”

Suso de Toro foi especialmente nos últimos anos nas redes no apoio ao proceso de independencia da Cataluña. No ano 2014 xa integrara a candidatura do BNG para as Eleccións Europeas.

Ler tamén:

Suso de Toro afirma que En Marea no Congreso non é “representación soberana”

Suso de Toro explica como lle fan o baleiro en España

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s